Nunha entrada anterior xa vos contei que cando xogamos aos Scavengers vimos que ao ter que escribir ou dibuxar no chan os folios non eran a mellor
opción... En esta saída xa solucionamos este problema. Mercamos unha chapa de madeira e unhas pinzas e o pai da nosa compañeira Sandra cortounos unha "tableta" para cada un. Quedaron xeniais e son fantásticas para dibuxar e escribir nelas polo camiño.
E así saímos con lupas e coas nosas tabletas "analóxicas", preparados para observar o entorno polo camiño de Castrigo a buscar o que tíñamos nas láminas. Tíñamos que ir por parellas porque cada un levaba a metade das imaxes.
As lupas non chegaban a nada!😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!