Fai uns días fixemos un xogo de scavengers, rastreadores ou buscadores. Demos un paseo hasta o muiño e lavadoiro de Castrigo e levamos cada un de nós un folio con vinte elementos (insectos, follas, brotes e outros) que ir marcando só si os atopábamos...Tíñamos que buscar as sinais da primavera. Buscamos e buscamos ata atopar a maioría das cousas. Algúns son un pelín competitivos!.
Tamén vimos que ao ter que escribir no chan os folios non eran a mellor opción... Na saída que fixemos despois solucionamos este problema: xa veredes como!
Esta foi a nosa sesión de buscadores!. Unha clase máis de coñecemento do medio. O máis emocionante foi ver dando voltas por riba de nós unha parella de miñatos coa cría deste ano. Despois na clase buscamos no ordenador como son estas rapaces e o que comen... Con razón as galiñas do veciño, que sempre andan alborotadas cando pasamos, esta vez estaban caladas e agochadas...😏
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!