Na clase de música coa profe Carla os nenos traballan moito con cancións de artistas galegos, tanto para potenciar a nosa lingua como para fortalecer a linguaxe xestual. Para o día internacional da muller, a profe Carla traballou cos nenos o tema "Chea de vida" de Guadi Galego, tanto polo seu contido e significado como pola lingua de signos coa que traballaron coa axuda dun video. Disfrutaron moito con esta canción.
E cando traballamos sobre Rosalía de Castro prepararon a canción "A pequena Rosalía" de Uxía Xenlle quen en colaboración coa Editorial Galaxia, editou 'Rosalía Pequeniña', un libro-disco infantil no que canta os seus poemas coa intención de difundir entre os pequenos a figura da poeta galega, a quen presenta como "pirata" e "insumisa".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!