Os elementos naturais son o mellor xoguete para os nenos e o ser humano en xeral sinte a necesidade de ter cerca algo de natureza... Na clase somos moi dados a recoller canta folla, flor, semente, pedra ou pauciño que atopamos polo camiño hasta o patio. Nas saídas xa nin vos conto!. Pero de camiño ao recreo non pasamos por moita zona verde. Aínda así van mirando para o chan buscando o máis mínimo anaco vexetal para xogar con el... e cando volvemos fan o mesmo. O que non poden é arrincar nada, para que todos poidan disfrutar das escasas zonas verdes e floridas que temos. Agora mismo están en flor as glicinias, os xazmíns, camelias e rododendros e imos apañando o máis pequeno pétalo ou folla caida. Así, os nenos coleccionan, crean composicións, inventan xogos e desenvolven a creatividade. Un deses días, recén comezada a primavera, improvisamos esta actividade: do que traían nos petos (e que vos levan as mochilas cheas) fixeron unha selección e cada un pegou unha parte nunha cartulina. E quedounos así: o mural da primavera.
Páginas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!