A derradeira semana, o pai de Sergio veunos visitar a clase. Viña un chisco apurado xa que traballara pola noite, pero deseguida se puxo a contarnos cousas, entre elas que a súa familia ven da Illa de Arousa e como é o seu traballo en Correos. E xa nos picou o gusanillo para o curso que ven cando falemos das profesións!. Todos estaban moi emocionados e Sergio estaba que non cabía en sí. Primeiro presentáronse todos por si houbese alguén a quen aínda non coñecese. Logo veu con nós á hortiña e os pequenos ensináronlle as leitugas, tomates, allos e cebolas. Regamos os porrales e, como Dani é moi alto, "aproveitámonos un chisco" e puxémolo a podar o seto das camelias por arriba... e todos lle axudaron a recoller as polas. Non había polas para tanto axudante!. Rematamos a clase dibuxando a Dani (todos o puxeron con gafas) e regaláronllo para levar a casa.
Unha mañá moi divertida e todos o pasaron moi ben co pai de Sergio.
Moitas gracias Dani por vir a clase!
Premendo en este kizoa vedes as fotos de como nos foi a mañá!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!