mércores, 18 de xuño de 2014

SIMULACRO DE INCENDIO

   Onte realizamos o simulacro de incendios incluido no Plan de Autoprotección que se ten que levar a cabo en todolos centros. Nós plantexámolo como un xogo, para que lle perdesen o medo, pero o bastante en serio como para que se decatasen  da finalidade do simulacro. Cando sonou a alarma, puxémonos en fila, pechei as ventanas, apagamos as luces e, xa listos para saír ...vimos a Emma tranquilamente sentada rematando o seu dibuxo!. Puxémola coma un foguete na fila e saímos deixando a papeleira diante da porta para indicar ao encargado de planta que esta aula xa estaba lista. 
  Realizamos a evacuación moi rápido (seique en catro minutos!) e, cando estabamos xa reunidos cos alumnos de primaria no punto de concentración, chegaron os bombeiros: entón foi cando algúns dos máis pequenos chegaron a pensar que o lume podía ser real e levaron un sustiño... Despois, cando entraron os bombeiros no pavillón, xa perdemos medos, vergonzas e reparos... Falaron cos bombeiros, que nos deixaron probar o casco, despois demos voltas para ver de cerca os camións e rematamos falando coa policía que controlaba o simulacro.
premer aquí para ver as imaxes do simulacro


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!