Acabo de pasar polo "MUSEO DA PREHISTORIA DO CEIP A IGREXA DE CALO" na Zona Cultural do Corte Inglés de Santiago. Estará aberto ao público ata o día 15 de xullo. Lembrade que na clase tamén pasamos un bo rato xogando coa prehistoria e seguro que aos nenos lles encantaría darse unha volta por este museo feito por nenos coma eles. Como vai ser unha exposición itinerante póñovos as datas que me dou Anxos e os lugares onde vai estar: non temos excusa para non pasarnos jeje!.
O museo xurdeu da pregunta dunha nena sobre unha foto do petroglifo de Cornide en Calo.
A partir de eso Isabel Calvelo e Anxos Vázquez, as mestras das clases de 5 anos do CEIP A Igrexa-Calo, fixeron un proxecto de traballo no que implicaron a todos: alumnos e pais. Se contades coma mín coa sorte de ter unha "visita guiada" por Anxos, unha das mestras que levou a cabo este traballo, disfrutaredes máis aínda co museo e as experiencias que tiveron para recrealo.
A maqueta do petroglifo de Cornide en Calo |
Para ver toda a información entrade no blog da Biblioteca (premede aquí)
UN MUSEO DE VERDADE ELABORADO POLOS NENOS E AS NENAS DE 5 ANOS!.
A maneira que temos para que os pequenos coñezan, aprendan e respeten a Historia e o noso legado é xogar con ela.
Gracias Loli por avisarnos dos proyectos de compañeiras,cativos e familias dos que podemos visitar e aprender. Levarei os meus fillos para que observen e vexan como traballaron coa prehistoria.
ResponderEliminarGracias Rosana. A mín gustoume moito e seguro que aos nenos tamén!
ResponderEliminarE como dís, son experiencias das que podemos aprender.