Na clase de música coa profe Rita vimos un video que nos enviou a profe Mercedes, onde alumnos do CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) interpretan a
canción "Ahí ven o Maio" composta polo mestre de música do centro, Nacho Hermida, a
partir dun texto poético de Florencio Delgado Gurriarán a quen este ano se lle dedicou o Día Das Letras Galegas e que era natural do seu concello veciño de
Vilamartín de Valdeorras.
Ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril,
(O Maio garrido cansiño de chorar,
enxoitou o seu pranto con panos de luar).
Ahí ven o Maio pola porta da campía
ahí ven o maio, galán da cotovía,
(O Maio garrido tiña un cambai brunedo,
o sol espafarrapóullo cos seus dourados dedos).
ahí ven o Maio côs seus brincos de cereixas.
(O Maio garrido anda a bebelos ventos
pola terra, rapaza de doces arrecendos).
Ahí ven o Maio pola porta do soutelo,
ahí ven o Maio có seu colete amarelo.
(O Maio garrido, nos intres de vagar,
có mestre rouxinol adeprende a cantar.
Ahí ven o Maio pola porta do valado,
ahí ven o Maio cô seu traxiño branco.
(O Maio garrido, para saudar o vran,
pon luvas de etiqueta con frores de S. Xoán).
Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza,
que trai, por gorentarte, caraveis e rosas!
Florencio Delgado Gurriarán (1981) Cantarenas. Poemas, 1934 – 1980 (Bebedeira, Valdeorresas, Dionisias) (A Coruña: Edicións do Castro)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!