sábado, 14 de maio de 2022

Os carballos: unha historia de 7 meses

 

Esta semana levamos para casa os CARBALLOS que plantamos no outono. É unha historia ao longo de sete meses!. Plantamos 3 landras por maceta en novembro e esperamos impacientes ata que naceu o primeiro en febreiro. Estivo solitario ata finais de marzo en que comezaron a agromar os demais. Sabíamos que estaban crecendo porque vimos que por abaixo das macetas salían as raices.  Por sorte ao longo de todo este tempo de coidados, ningún se dou a volta de todo. Por eso, ademáis de ser unha tarefa de observación, foi tamén un exercicio de paciencia, responsabilidade e respeto polos seres vivos!. 
 
 Como algúns dos nenos chegaron despois da plantación e as landras xa non valían, trasplantamos nas súas macetas arces rescatados no patio e incluso un loureiro real. Tamén vimos que non todos contaron tres landras e nalgunha maceta sale un bosque jeje. Agora que os levaron para casa podedes seguir a coidalos na maceta, plantalos no xardín ou máis adiante trasplantalos nun monte... Que vos duren moitos anos!.

A carta deseñámola entre todos e escollemos qué poñerlle. Buscamos modelos na rede e todos coñecían o formato da carta dos reis, pero non había ningunha sobre carballos... Tamén engadiron cada un a quen iba dirixida, en principio a mamá e papá , pero despois engadimos irmáns, avós e  mascotas...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!