Fai uns días os pequenos de 3 anos recibimos a visita de Miguel
Santamaría, biólogo e entomólogo santiagués e pai dunha pequena, que nos fixo dous
talleres con "bichos". Estivemos fascinados polos animaliños que nos
trouxo e pudemos tocar con total seguridade desde insectos folla ata tarántulas, enormes
cascudas que non cabían nunha man e xigantescos cenpés que non se quixeron estirar de todo para poder apreciar o seu tamaño. A tarántula realmente impresionaba e eso que aínda era pequena!.
(Deixovos aquí o enlace coa noticia que saleu na Voz sobre os talleres que fai Miguel. Premer AQUÍ)
Podedes ver polas súas caras o interés e satisfacción por ver e tocar a maioría do que nos ensinou. Trouxo uns "pequenos" caracois africanos que cando medren poden pesar cerca dun kilo, volvoretas monarca que vimos comendo dun plátano e pechamos as ventanas por si escapaban voando, un cangrexo dos manglares, unha encantadora tartaruga recén nacida, unha larva xigantesca que promete convertirse en algo enooorme...
Tamen nos ensinou unha bolboreta que era como dúas máns abertas e deixounos tocar alas dos diversos tipos de bolboretas que cría el mesmo, explicándonos que non se poden tocar cando están vivas porque lles desfaríamos as delicadas escamas... Vimos mantis que eran exactamente iguais que o liquen no que se apoiaban, escorpións que na escuridade cambiaban de cor coa luz, collimos bebés de insectos folla pequeniños comparados co maravilloso aspecto dos adultos nos que se convertirán...
Unha maneira divertida e moi didáctica de
achegarse con naturalidade e respeto aos seres vivos. Foi unha experiencia xenial e fascinante!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!