O día da Paz celebramos sesións de xogos colaborativos en todo o centro, maiores e pequenos, baixo o lema "hoxe gañamos todos". Esta entrada xa a puxen na web do cole fai uns días, pero por si acaso non a vistes, volvoa poñer aquí xa que no video vese como os pequenos da nosa clase participan neste día como todos os nenos do cole. Foi unha xornada moi divertida na que vimos xogos colaborativos. Este tipo de xogos están centrados na unión e tódolos xogadores son necesarios sin que nadie caia eliminado.
O Equipo de Convivencia fixo unha serie de propostas de xogos cooperativos e o Equipo de Educación Infantil organizou os grupos e as quendas para compartir aros ao ritmo da música, transportar conos na cabeza e transportar pelotas en ringleiras. A nosa clase contou coa axuda da profe de Psicomotricidade: grazas Carlota!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!