Fai uns días fixemos unha saída cos pequenos de 3 anos para ver as mimosas en flor e achegarnos ao muiño e ao lavadoiro de Castrigo. Fixemos a saída cos nenos da clase de Ana, que se despedía de nós e a quén todos os compañeiros botaremos de menos e lle desexamos moita sorte no seu novo destino. Tamén nos acompañaron a profe Sandra, a quen demos a benvida ao centro, e a profe Isabel. Polo camiño ibamos falando e observando a natureza e as cousas que atopábamos.
Cando chegamos pedímoslles que observasen a ver qué lles chamaba a atención e todos miraron para o chan buscando... Tardaron un chisco en mirar cara arriba e darse conta que estábamos baixo unha masa de mimosas. Son unhas das árbores máis fermosas e coloridas que temos en Galicia (aínda que sexan invasoras, lles guste o lume e sexan foráneas, xa están completamente naturalizadas: fai máis dun século que chegaron desde Australia e Tasmania).

Despois seguimos camiño ao muiño e o lavadoiro de Castrigo. Cando chegámos sentámonos nas pedras do chan porque estaban algo cansados e falamos do uso que se lle daba antiguamente aos lavadoiros, "cando non había lavadoras" (unha cousa divertida... pero inconcebible para eles, polo que é importante falarlles das pequenas historias e usos das cousas e das xentes que as facían para que non se esquezan).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!