Os pequenos de 3 anos participamos como todo o Ceip a Maía na homenaxe a Rosalía, conmemorando o 182 aniversario do seu nacemento con diversas iniciativas promovidas polos EDNLG do Concello e dos centros de Ames e que compartimos coa comunidade. Así, levastes os carteis para as portas das vosas casas e nós levamos as laxas de pizarra ao Parque do Ameneiral con distintos versos da poetisa. O poema que fixemos na nosa clase foi "ADIOS RIOS, ADIOS FONTES". Teño que decir que os nenos entenderon a fonda tristura deste poema e algúns se emocionaron de verdade e sentiron a pena de Rosalía "¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso, por un mundo que non vin!".
Nesta montaxe podedes ver como fixemos entre todos o noso cartel e a laxa de pizarra, así como fotos da saída das clases de tres anos que fixemos en bus para colocar a nosa laxa á beira do rego no parque. A saída en bus fíxolles tanta ilusión como o paseo polo Parque. E xa me contaron que algúns fostes de paseo para ver os poemas e que atopar o noso!
Quero darvos tamén moitas grazas por colaborar con nós para colocar os carteis nas vosas portas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!