En decembro os nenos e nenas celebraron o Nadal. (Cóntovolo agora cun chisquiño de retraso....) Decoraron a clase, montaron a árbore da entrada, crearon postais e outros traballos, participaron nun taller onde decoraron bolsas de periódico para levar as cousas que fixeron... Tamén fixemos unha festa de Nadal na que bailamos, cantamos e preparamos unha mesa de merenda de Nadal, tomamos chocolate con churros e rematamos contando as 12 badaladas...
Á volta de vacacións tamén fomos os encargados de desmontar e gardar a árbore... ata o curso que ven. Tamén falamos dos Reis Magos porque atopamos na clase unha carta que nos escribiron!.
Nela os Reis pedíannos que
se fomos boiños lles deixásemos os nosos nomes escritos por si pasaban
pola clase... Todos se esmeraron en escribir os seus nomes moi clariños e
deixámolos dentro dun calcetín de Nadal colgado no corcho.
Foi unha actividade na que viron a utilidade da escritura, e que lles creou unha gran espectación, porque ao cabo de varios días na clase apareceu unha caixa cun pequeno agasallo para cada un!. Todos foron moi boiños!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!