En conmemoración do DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebrou o 11 de febreiro Carola, a mamá de Abril e Vera, veu á escola para falarlles aos de 6º de infantil de Ciencia e de científicas e de que as nenas poden ser o que queiran, xa que non hai profesións de homes ou mulleres... Podedes ver a entrada na web do cole premendo AQUÍ.
Tamén se acordou de nós (grazas Carola!) e trouxonos para cada un unhas preciosas gomas con forma de astronautas que nos encantaron. A visita dos maiores dounos pé para falar na asamblea de clase do que eles pensaban que eran os e as científicas e chegamos un pouco á conclusión de que fan experimentos e saben moito de insectos... Así que nós tamén somos "algo científicos e científicas" xa que na clase temos feito algúns que xa vos irei contando...
(Vouvos poñer aquí un video moi interesante no que podemos ver como moitos pequenos xa teñen establecidos os estereotipos de xénero e inconscientemente xa clasifican as profesions
como traballos de homes ou mulleres. Un experimento que nos fará reflexionar sobre cómo educamos aos nenos e nenas...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!