Seguindo coa obra de Rosalía de Castro a partir da canción de Migallas sobre o poema "O Moucho" fixémos os nosos despois de buscar en internet como son estas rapaces. Con tubos de papel hixiénico formamos o corpo e pintámolos de cores con pinceis.
Con gomets puxémoslles os picos e os ollos fixémosllos coa punta do dedo... (ou algo máis que coa punta😅). Nunha cartulina onde pintamos os penedos e un campo de herba con distintos tonos de gris e verde, pegamos os tubos coa pistola de silicona. E así quedaron os nosos mouchos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!