Martín quere compartir con nós varias das propostas nas que estivo a traballar estos días: a súa árbore familiar cos nomes dos avós e os bisavós.
Diseñou unha camiseta con virutas, moldes e plancha que lle quedou moi bonita!
Pasouno moi ben (e estiveron moi ocupados) coidando das 5
crias dunha gatiña abandonada que andaba pola aldea, hasta que lle buscaron familias que os adoptasen. Aquí está acariñando ao que quedou con el.
Estivo disfrutando das vistas dende o pico de Santa Mariña, no concello de A Baña. Unhas fotos preciosas!. Póñovos AQUÍ un enlace con Patrimonio galego.net por si vos animades a visitalo. Nunha panorámica de 360 grados podemos ver o Pico Sacro, o Castelo de
Portomeiro, o de Castromaior en Fecha, o Monte Iroite, o Tremuzo e o
Monte Pindo entre outros.
Traballou facendo contas e formando palabras con este xogo de letras.
E coa calor que fixo estos días, pasou horas dentro da piscina xogando coa auga!
seguro que imaxinaba algo así!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!