Martín estivo traballando coa proposta dos alfabetos creativos e con pezas de todo tipo, cores, tapas, xoguetes, ferramentas... que tiña pola casa, fixo este, que lle quedou así de fantástico!.
Tamén fixo o reloxo de cartón e está practicando nel: agora xa sabe as horas en punto, e cuarto e as e media!. Moi ben.
Fixolle unha casiña ao gatiño Misi con que quedaron cando recolleron as crías dunha gatiña abandonada. Que sorte tiveron Martín e Misi de atoparse!. Reciclou o robot dunha das propostas anteriores así que "reciclaron o reciclado" e, con unhas ventanas e
unha porta, convertírono nesta acolledora e futurista casiña. Pensaban que tería medo, pero debeulle gustar porque pasa moito tempo nela..
Tamén nos mandou fotos do calendario de maio e do rexistro do tempo contabilizando ao final cantos días fixo sol ou choveu...
Cóntame Verónica que siguen repasando a árbore xenealóxica escribindo el os nomes; e repasandoos para recordalos, e engadindo ademáis os lugares de nacemento de cada un...
E tamén estivo facendo o experimentos coas densidades dos líquidos. Empregou auga, aceite, colorante e unha pastilla efervescente. O resultado é espectacular!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!