Lia estivo a traballar na proposta da árbore xenealóxica familiar. Lupe contoume que se esmerou moito e que estaba moi contenta co resultado. Quedoulle realmente moi bonito!
(Desde aquí un saúdo aos avós que viñeron algunhas veces a recollela ao cole!. E tamén aos avós de tódolos pequenos, esperemos que pronto se poidan xuntar cos que están máis lonxe 💓)
Tamén estivo co resto das tarefas do cole, axudando a mamá a cortar calabacíns para facer unha lasaña moi rica 😋e exercendo de irmá maior con Jan.👏👏
E con esta calor xa que nesta fase se pode, aproveitaron para saír de paseo e pola praia!!! 😊
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!