Abril estivo traballando co alfabeto. Ten unha libreta con lentejuelas que cambian de cor cando as xiras... como esas camisetas que lles encantan 😉. Estaba facendo a súa inicial e Andrés propúxolle que fixera todo o
abecedario. Foille sacando fotos a cada letra e quedoulle así:
Despois envioume este outro que fixo recortando os cartóns de caixas de comida que van gardando para reciclar!. Fantástico. Unha moi boa idea para REUTILIZAR materiais que xa tiña na casa!
Recordade que na clase estivemos moito tempo facendo un proxecto de separación de residuos (tíñamos tres papeleiras nas que cada día clasificábamos e repartíamos os restos de papel, o plástico e os residuos orgánicos das merendas. Falamos da Reciclaxe, que xunto coa Reducción (hai moitas cousas que non necesitamos) e coa Reutilización (que foi o que fixo Abril cos cartóns) son as tres R que poden axudar a coidar o planeta. Póñovos aquí este corto para que o lembremos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!