Lia acaba de mandarme unhas fotos do reto da torre e quedoulle así de alta!. Para conseguila subeuse á mesa: reto conseguido!
Tamén fixo unhas manualidades de papiroflexia con estas raniñas que a súa nai aprendeu de pequena. Busqueivos un tutorial (premer aquí) por si o queredes facer cos nenos, logo cada un decorao ao seu gusto. Cóntame Lupe que tamén colaborou moito nas tarefas de casa: aquí quixo axudar a mamá fregando os platos.
Celebraron o segundo cumple de Jan!
E disfrutaron dun paseo polas Fragas do Eume e o Mosteiro de Caaveiro, onde Lia o pasou moi ben recollendo "pauciños" e deixando voar a súa imaxinación imaxinando dragóns durante a visita por este mosteiro cuxos primeiros edificios teñen máis de 1000 anos, está situado no medio da Natureza e ten un premio europeo á restauración.
Felices vacacións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!