domingo, 25 de outubro de 2020

Inicio do curso: apapachando!

 Seique o momento máis difícil antes de comezar  é sempre o primeiro paso... (por eso ata hoxe non daba arrancado a publicar nada)

       
Levamos meses falando de virus, de protocolos, de adaptar espazos nos centros, nas  aulas, aproveitar a contorna natural, dos tempos (acollida, entradas, saídas, vida cotiá), de distancias, dos materiais, de mascarillas, de desinfección, xeles  e lavado de máns, e tamén de programacións, de adaptar as propostas de aula... 

Despois do confinamento volvimos ás clases para "desmontalas", retirar todo, recoller materiais e deixalas preparadas para unha desinfección xeral... (co que nos costou organizar cada recanto😭...)

Pero o máis importante a ter en conta son aos nenos: que estén e se sintan seguros, que aprendan e disfruten no cole a pesar de todo e que se adapten ás novas normas...

Os primeiros días organizamos a clase e aprendemos as novas normas: xel e lavado de mans antes de entrar na clase, nos baños, ao cambiar de actividade e material...

Preparamos zonas delimitadas, materiais de uso  individual (agora botan moito de menos poder compartilo e sobre todo o uso que facíamos dos recantos!)

Preparamos letreiros para a zona de corentena do material e aprendemos a respetar o seu uso, e a Nuria e Abril ocurreuselles dibuxar carteis do coronavirus que aproveitamos para a papeleira Covid...

Tamén temos que respetar as nosas zonas dos corredores, do patio, e a coordinar entradas e saídas coas outras clases... nunca tantas filas fixemos!
Ademáis de compartir, unha das cousas que máis extrañan é non poder tocarse, abrazarse coma antes... O primeiro día unha das nenas comentou toda seria que "esto é moi duro"... Sin embargo cando fixemos unha actividade na que tiñan que dibuxar como se sentían cando escoitaban falar do coronavirus, había moitas caras felices... Pregunteilles o motivo e todos decían: porque quedaban máis tempo na casa cos seus pais. O que máis valoraban do aillamento era ese tempo cos papás!. Tamén dixeron que o primeiro que van facer  "cando esto pase" vai ser darse un abrazo!.
 
 

Eso lembroume unha palabra que lín unha vez: APAPACHAR. Alguén dixo que era a palabra máis bonita do español. É unha voz de orixe  náhuatl que a RAE define como "palmadita cariñosa ou abrazo". Pero os mexicanos teñen unha definición máis poética: "abrazar ou acariciar coa alma".

 Así que, mentras tanto e para todos:

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!