sábado, 22 de novembro de 2014

O MAGOSTO NA MAÍA

  O Magosto é unha das nosas tradicións máis arraigadas e o venres 14, a pesar de que parecía que non poderíamos sair polo temporal de tronos e choiva que caeu na Maía, este amainou  e permiteunos celebralo. Veu un castañeiro que non traía o típico tren pequeniño: este parecía o Ave dos trens! e os pequenos quedaron pasmados cando o viron... 
    Tivemos dous axudante dos maiores, Miguel e Nico o irmán de Álvaro, que nos axudaron o organizar os xogos e a pintar os nenos e aguantaron o tipo ante a impaciencia dos pequenos e incluso as mostras de afecto que case tiran con eles... (Grazas rapaces!).  Despois comemos as castañas nos cucuruchos e escoitamos a unhas invitadas estupendas, María, Ana e Masé, compoñentes do grupo "AS TOCADORAS DE NINGHURES", que introduciron aos pequenos nos ritmos tradicionais da gaita, o tambor e a pandeireta e fixerón bailar a pequenos e grandes.


     E ademáis, ao longo da semana, fixemos O CASTAÑÓN. Cada neno fixo unha parte, e aínda que o comezo tivemos o típico "medo ao folio en branco" e non se nos ocurría como facelo, despois foron engandindo de todo o que se nos ocurría: hortensias e follas secas, sementes, botós, espuma, cintas para o pelo, e por suposto purpurina.... Puxen eu o tope... que senón aínda seguen poñendolle cousas! 
     En este enlace ao blog da Biblioteca están todos os castañóns que se fixeron no colexio en infantil e primaria.

http://biblioceipamaia.blogspot.com.es/2014/11/os-castanons-da-maia.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!