venres, 29 de xaneiro de 2021

As mimosas de Castrigo veñen de Australia!


  Fai unha semana, xusto antes de que cambiase o tempo, aproveitamos o último día de sol para saír a ver as mimosas de Castrigo. Estaban impresionantes e cheas de cor!. Por suposto... todos querían unha ramiña en flor e alá trepamos as profes (a risco de escalabrarnos) para collerlles un cachiño. 
E tamén chegou de Australia, coma os eucaliptos, a seta pulpo que descubrimos... e os kiwis!. E nós mándámoslles os toxos, que son alá os invasores!. Cantas cousas temos en común con esa enorme isla-continente do outro lado do mundo!.
 Démoslle unha pequena "poda selectiva" a esta árbore que está catalogada como "invasora". A pesar de ser un risco  maior nos incendios  e de estropear a fertilidade do chan,  pretende compensar esto coa súa espectacular floración que chama a atención polo medio dos montes.
    

Curioseando, atopamos un recanto (espectacular, dentro da súa sinxeleza) onde o chan estaba cuberto de follas de carballos e salgueiros e pudemos escoitar varios tipos de paxaros. Agochaba un pequeno curso de auga que nos dou pé a lembrar a Rosalía e o seu "adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos". (E sorprendeunos moito ver que, incluso alí, chegaba a contaminación en forma dunha morea de plásticos e envases e lembramos o traballo de reciclado e separación do lixo do curso pasado...).

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!