Falando da diversidade, as diferencias e o respeto que debemos ter polos demáis, estivemos vendo "TE QUIERO (casi siempre)" un conto de Anna Llenas (autora tamén de O monstruo de cores). A través das aventuras de Lolo o bicho bola e de Rita a luciernaga conversamos das nosas propias diferencias e do aburrido que sería ser todos iguais. Por suposto vimos as características destos animaliños, pero sobre todo falamos de RESPETO.
(AQUÍ vos poño o enlace con unha versión en video do conto, que ademáis ten pictogramas)
As diferencias que ao principio fan que Lolo e Rita se sintan moi atraidos un polo outro, acaban logrando que se anoxen e se separen hasta que comprenden que si se respetan e admiten que teñen distintos intereses, poden seguir sendo os mellores amigos... case sempre!.
E estes foron algúns dibuxos que fixemos do conto de Lolo o bicho bola e Rita a luciernaga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!