Á volta das vacacións, seguimos aquí!. Esta vez fixemos un experimento no que conseguimos que un dibuxo "bailase". Estivéramos falando dos dibuxos animados e cómo se facían, pero acabamos chegando a este truco... Vímolo primeiro no Symbaloo que temos de Ciencias no blog. Vimos os materiais que empregaban e cómo se movía... e despois probamos a ver si conseguíamos reproducilo.
Mentras, falamos de cómo se fan as experiencias de "xeito científico" nas que se siguen as seguintes etapas:- observación e preguntas : o dibuxo movíase no video, pero COMO?
- fixemos hipótesis e explicacións provisionais: aquí douselles moi ben, había moitas ideas para intentar mover o dibuxo!. No papel non se move, porque queda dentro, así que Lara dibuxou no plato de cerámica, porque non tíñamos o de cristal...
- experimentación e comprobación das hipótesis: tivemos que facer varios intentos porque o muñeco que dibuxamos non se movía. Primeiro pensamos que era demasiado delgado e dibuxámolo máis groso e con máis tinta, despois probamos con varios rotuladores distintos de pizarra e tamén fomos cambiando a temperatura da auga. Coa fría fracasamos, coa morna conseguimos que movese as pernas e COA AUGA QUENTE "BAILOU"!
- análisis e conclusións: necesitamos moita tinta de rotulador de pizarra e auga quente para despegalo do plato e que "baile".
5. E levamos un rexistro da experiencia a través dunha ficha onde escribimos o que usamos e ademáis fixemos un debuxo.
Agora probade na casa a ver si o consiguen de novo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!