Como xa vos contei nunha entrada anterior Carlos, o papá de Clara, veu a clase e trouxo un kit de saliva co que nos preparou unha placa cun cultivo coa que sacou da boca de Clara. Tamén fixo outro de mofo. Agora despois de moitos días, á volta das vacacións, o cultivo sigueu a medrar e as colonias de bacterias xa son visibles a simple vista, sobre todo en comparación co mofo. Chama a atención unha colonia moi grande e blanca que se aprecia na dereita da foto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!