Visitamos o faro da biblioteca durante a hora de ler e quedamos pasmados co tamaño e colorido. Non puidemos evitar tocalo para ver de qué estaba feito e tamén intentar entrar pola porta...
Un edificio tan típico das nosas costas e que nesta ocasión está construido terra adentro para guiarnos por un mar de libros. As luces do faro prenderanse por primeira vez este 23 de abril.
E sacamos algunhas fotos diante do faro. A construcción desta estructura parte dunha iniciativa do Equipo de dinamización da Biblioteca para celebrar o día do libro que xurdeu da frase de Agustín Fernández Paz: "UNHA BIBLIOTECA É COMO UN FARO, UNHA LUZ QUE TRASPASA TODOS OS MUROS...".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!