Noelia quixo compartir coa clase o invento do ÁBACO. Un aparello que se emprega para contar, sumar, restar e multiplicar desde fai centos de anos. Ela contounos que se inventou en China no ano 190. Nós averiguamos na rede que esa data corresponde á forma máis ou menos actual do ábaco, xa que moito antes xa se empregaban outros sistemas máis primitivos para contar. Os homes sempre contaron: a cantidade de xente que formaba as tribos, os animais que posuían, as plantas... Empregaban para contar: pedras, sementes, marcas en placas de pedra ou barro, nós en cordeis... O ábaco consiste nun cadro de madeira con aramios ou barras paralelas polas que se deslizan unhas bolas. A súa orixe establecese na Mesopotamia fai máis de 4000 años.
O ábaco recollido na imaxe de abaixo que amosa unha caixa escura é un modelo chinés. Tamén vimos que no cole temos moitos tipos de ábacos e probamos a poñer números empregando unidades, decenas e centenas.
Noelia tamén trouxo a clase un modelo de ábaco diferente: unha caixa con só 5 bolas e intentou explicarnos como o empregaba ela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!