Arte e matemáticas van unidas neste quebracabezas xigante que montamos na clase. Partindo dun cadro da artista folk-abstracta americana Karla Gerard do que eles non viron a versión orixinal en cor, senón só a imaxe para colorear, fixemos coa ferramenta Posteriza un quebracabezas xigante con 24 pezas tamaño folio. O resultado foi un mural de 6 X 4
Imprimimos as 24 pezas e repartímolas.... mirábamos a imaxe no ordenador e peza a peza intentamos montalo no chan: non foi posible, xa que non conseguían imaxinar o conxunto nin encaixar pezas que eran moi similares. Cambiamos a disposición e despois de moito traballo conseguimos montalo en vertical sobre a pantaia. Así visualizámolo mellor.
Como a idea era que cada neno pintase unha peza, tíñamos que volver a desmontalo... e doble traballo!. Así que recurrimos a unha estratexia matemática: os cadros de doble entrada que empregamos de xeito habitual nas plantillas do Quinzet!. Descubrimos que si por detrás anotabamos o lugar de cada peza indicando filas e columnas, despois seríanos moito máis doado volver encaixar todo. Anotamos cada peza, repartímolas, coloreamos con manley intentando coordinar as cores e logo montamos o quebracabezas poñendo as pezas A1, A2, B3.... Rematamos o quebracabezas nun momento e este foi o resultado!
O cadro orixinal de Karla Gerard que eles NON VIRON.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!