Unha pequena mostra dunha sesión de psicomotricidade coordinada pola profe Mercedes e na que tivemos como convidado a Miguel, un dos profes de educación física de primaria que asisteu a un dos momentos máis emocionantes: o derribo do muro. A psicomotricidade ten como obxecto de estudo a persoa a través do seu corpo en movemento e en relación ao seu mundo interno e externo.
Estuda a capacidade para expresarse e relacionarse no mundo que nos rodea e está relacionada co proceso de maduración, onde o corpo é a orixe das adquisicións cognitivas e afectivas. Está sustentada por tres coñecementos básicos: o movemento, o intelecto e o afecto. As sesións realizanse no espazo que, aínda que limitado no tamaño e nos materiais, está preparado para as sesións.
En ese espazo, os nenos experimentan, válense por si mesmos, trepan, corren, saltan... móstranse tal e como son ou deixanse levar pola imaxinación creando casas, castelos, barcos.... aceptando previamente unhas normas de comportamento nas que a primeira, para crear un ambiente seguro, é non facerse dano nin a nós mesmos nin aos outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!