O 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares. E, para conmemoralo, participamos na proposta da Biblioteca de facer sinais que indicasen onde se atopan as historias e os personaxes dos contos. Na procura destes "lugares literarios" pensamos entre outros na Mancha do Quixote, no fondo do mar onde vive a sereiña, na lúa do conto a qué sabe a lúa?, pero finalmente escollimos por maioría o bosque dos contos dos porquiños e o lobo, aínda que non todas estaban conformes coa votación... (Podedes ver como quedaron os postes indicadores no blog da Biblioteca.)
A moitos foi o que máis lles gustou xa que a lixa é cousa de maiores!
Pintamos o sinal de cor vermella para indicar o perigo...
...logo as letras e fomos engadindo herbas, nubes, árbores e o lobo axexando aos porquiños...
Así quedou o noso sinal e o poste indicador coas que fixeron os nosos compañeiros.
E aquí estamos: cada un mirando para onde lle cadraba!. Como os sinais do poste!
Ola rapaces:
ResponderEliminargrazas por participar e facer o sinal para o poste indicador. Estades convidados a pasar pola Biblioteca para ver os que fixeron os maiores e por suposto a pasar un bo rato cos libros.
Leodoro
Pero que gran trabajo.... Menudos artistas que están echos.
ResponderEliminar