Fomos a Santiago a ver e escoitar a historia dunha nena e un grilo: unha viaxe polo mundo chea de imaxinación coas cancións de Magín Blanco. Este artista ourensán comezou a súa carreira musical co grupo La Rosa e desde o ano 2006, lanzou
tres discos en solitario antes de dedicarse á música infantil. Xunto coa
compañía Ghazafellos presenta A nena e o grilo nun barquiño, unha combinación de teatro e música. A música está nun libro+CD editado en 2013 por Sueños del Gatipedro e conta coas fermosas ilustracións de Leandro Lamas.
Ademáis, durante o percorrido pasamos pola Plaza de Abastos, que estaba chea, e pudemos ver moitas cousas e falar coa xente dos postos de verduras.
O grilo |
Á volta tamén nos cruzamos con outros coles que iban camiño do Auditorio da Fundación Abanca a ver a mesma obra que nós. Despois dunha longa espera, e de atascar o tráfico, subimos aos buses e voltamos a Bertamiráns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!