Manuel Antonio foi o escritor a quén en 1979 se lle adicou o Día das Letras Galegas. Con él participamos na proposta do Equipo de Normalización Linguística que nos pasou un listado con tódolos persoeiros de edicións anteriores. (Este ano está dedicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde polo seu traballo divulgativo da lingua e da cultura galega). Nun barquiño de papel cada clase tíñamos que poñer o nome dun dos escritores ou escritoras homenaxeados en anos anteriores. Despois seleccionamos un poema que escribimos nos paneis da entrada... e así foi como o mar rematou cheo de barcos nos que navegaban AS NOSAS LETRAS.
Iker e Noelia foron os encargados de escribir o poema de Manuel Antonio no panel.
Cada un de nós consigueu facer (con moito traballo!) un barquiño de papel interpretando e seguindo as instruccións que atopamos nunha páxina de internet sobre papiroflexia e despois escribimos o poema nunha cartulina decorada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!