xoves, 14 de maio de 2015

Visitamos Correos en Lavacolla

"A primeira carta da miña vida!" foi o que dixo unha nena cando nos puxemos a escribir unha para os nosos compañeiros. Algo xa tan raro nos tempos de internet, correos e guasaps que só recibimos as dos bancos e pouco máis... E, salvo raras excepcións, son todas para os papás.  Por eso estabamos moi emocionados escribíndonos entre nós. Aprendimos a poñer os enderezos no sobre e o remitente por detrás.  Ademáis coa visita as instalacións centrais de Correos en Lavacolla vimos o proceso que seguen todas as cartas e paquetes que saén de Galicia.
as cartas iniciando o recorrido
   
   Acompañáronnos na visita Dani, o pai de Sergio, Ramiro, xefe de turno da mañán e Luisa, secretaria e encargada de temas de calidade en Correos. Os tres explicáronnos todo o recorrido que fai unha carta, e con eles etiquetamos, buscamos o destino da nosa  e seguímolas por todas as máquinas.


etiquetada como U: de urxente
as cartas que enviamos

   Neste video veredes todo o proceso, como o fixemos nós:  recorremos as impresionantes instalacións, desde a sala de clasificación manual, clasificación automática, as salas de loxística, vimos o que pasa coas cartas que están con enderezos errados ou ilexibles, como e porque se etiquetan as caixas... Para organizar a visita repartímonos en dous grupos. Eramos moitos porque estábamos as tres clases de cinco anos...

   Seguimos o recorrido de cartas e paquetes e  Dani, Ramiro e Luisa puxéronas a funcionar para nós. Sobre todo impresionoulles cando botamos as cartas na primeira máquina e estas comezaron a súa viaxe polas cintas... Todo eran berros de "esa é a miña, a miña !". Tamén lles gustou outra máquina que a enorme velocidade movía e repartía os sobres xa case no final...
   Dani, entre outras moitas cousas, explicounos o que són os códigos postais. Tamén nos deixaron o matasellos manual.... (e as cartas quedaron ben mataselladas!).
    Foi un día moi emocionante que lle temos que agradecer a Dani por invitarnos e pola enooorme paciencia que todos tiveron con nós. Ademáis agasalláronnos con un conto para cada un, etiquetas e caramelos...   Tamén enviamos unha carta moi especial que fixemos xuntos para Noa, con bicos de parte de todos. Agora os nenos están a comentar moi contentos que xa lles están a chegar as cartas. E algúns xa estiveron planeando facer máis e seguir empregando os servizos de Correos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!