venres, 15 de maio de 2015

Contacontos con Inacio Vilariño

   Visitounos INACIO VILARIÑO, coñecido por nós na súa faceta de CONTACONTOS pero que ten outras: actor, autor, escenógrafo, director, manipulador de marionetas e moitas máis cousas. Conta entre outros co VII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en categoría adultos, pola obra musical satírica "Auga que non vas beber" e tamén o VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (2010, modalidade infantil) por "Fábula galénica", onde os animais falan como as persoas e as persoas comportanse como animais e conta as aventuras do burro da tía Lola.  

     A visita foi organizada en colaboración co Consorcio Editorial. Inacio contounos e cantounos historias de burros. Uns de catro patas e outro que non sabía que era un burro. Escoitamos e cantamos con él a canción de Rosa León "a meu burro, a meu burro dóelle a cabeza..." e pasámolo moi ben.   Grazas Inacio!

 

  Neste video tedes unha selección con varios momentos da sesión de contacontos:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!