domingo, 25 de marzo de 2018

Hospital de osiños da USC

  Os nenos/as de 5 anos recibimos a visita dos alumnos e alumnas da facultade de Mediciña da Universidade de Santiago que participan no HOSPITAL DE OSIÑOS. Os nenos levaron os seus osiños de peluche e seguiron tódolos pasos que se realizan no Hospital. Primeiro déronlles un curso rápido de como funciona o corpo (xa sabían moito!) e despois repartíronos en pequenos grupos para ir pasando desde a sala de consulta ata os quirófanos onde se vestiron de cirurxáns e operaron osiños...
Remataron facéndolle a historia clínica e obtendo un diploma por participar. Pasárono xenial!.

   O HOSPITAL DOS OSIÑOS DE PELUCHE é unha iniciativa organizada por Medicina Interna de Galicia (Meiga). Xurdeu no Reino Unido fai 30 anos (TEDDY BEAR HOSPITAL) e pretende  mellorar a relación dos pequenos coa medicina e os médicos, facendo que lle perdan o medo e ensinándolles hábitos de vida saudables. 


  Participando en esta actividade, en colaboración coa AMPA, visitáronnos 40 futuros médicos, estudantes de medicina de varios cursos da Facultade de Mediciña da USC que, con moito entusiasmo polo seu traballo, montaron nas clases de 5 anos diversos obradoiros:
  • CONSULTA
  • ANATOMÍA
  • NUTRICIÓN
  • HIXIENE E  HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES
  • E CIRURXÍA, CON QUIRÓFANO E TODO!
  • e tamén O XOGO DOS GLÓBULOS, na sala de Psicomotricidade  xa que o tempo non permiteu facelo no patio. Os nenos, repartidos en grupos de globulos blancos e vermellos, corrían perseguindo virus.
  •  
  • Na montaxe de video vese como foron pasando polos distintos obradoiros: comezaron facendo de acompañantes dos osiños enfermos e remataron como cirurxans operando as distintas doenzas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!