O conto de Anna Llenas é un dos que máis nos gusta e traballamos con el na clase para falar das emocións. Fixemos o noso propio monstro de cores, un pouquiño liado coas súas, igual que nós. Ademáis durante as visitas lectoras foi o que nos trouxo Verónica a nai de Vero... Así que temos moitas versións....
Escollimos para pintalo a cor rosa que representa o amor e enchémolo de tiras de papel de seda coas cores que representan cada unha das emocións. Non lle quixemos poñer a cor vermella que representa o enfado (por si acaso), pero leva tiras negras porque tamén sinte medo ás veces, igual que nós....
Puxémolo no medio dunha paisaxe relaxante con todo o que se nos iba ocurrindo: árbores, caracois, paxaros e moitas flores para que se sinta alegre, calmado e feliz.
No video están algunhas fotos do proceso:
Quedó genial ese monstruo de cores,gran traballo...
ResponderEliminarGran traballo si, sobre todo porque xa non temos paredes para poñer estes formatos jeje
ResponderEliminarPero sí, ademáis de ser un monstro grande e moi bonito, ten detrás un traballo para que sepan identificar e expresar as emocións que eles sinten.... e para as que a veces non atopan as palabras axeitadas.