O
pasado 3 de xuño tivemos a visita da Compañía Migallas de teatro con Carlos Yus e María Campos. Escoitaron entre outras cancións as de "pan de millo" e "miña abuela Manuela" e contáronlles como se cultivaba o millo e se facía o pan. O
Equipo de Educación Infantil contratou esta actuación para todo o
alumnado. Fumos a biblioteca e alí disfrutamos coas cancións do
seu libro-CD "Pan de Millo" que estamos escoitando na clase.
E neste video están as fotos de cómo debullamos millo vermello... (con moito traballo e máis entusiasmo), logo moemos, e peneiramos... Despois papamos un anaco de pan de millo que nos trouxo Mónica. Penso que lles quedou moi claro "o traballo que hai detrás" como dí a canción de Migallas.
Podedes ver tamén os videos da actuación de Migallas que subín na web do cole:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!