Irene convidou a Yoli e súa nai trouxonos os contos da CEBRA CAMILA e COCORICO. Irene estaba emocionadísima por ter a súa nai de visita xa que a outra vez puxérase enferma e non pudo ser. Despois das presentacións, Yoli contounos a preciosa historia da pequena Camila unha cebra que, por non facerlle caso á súa nai, perdeu co vento bandido as raias do seu vestido.... Pero despois de botar sete bágoas tristes todos os que iban atopando a Camila (unha araña, o arco da vella, un caracol, unha serpe, unha cigarra...) íbanlle dando algo seu...
E así, con tanta axuda, Camila remata cun precioso vestido novo. Unha historia encadenada, con preguntas e respostas, rimas e repeticións que aos nenos lles encanta, escrita por Marisa Núñez (profesora de infantil e autora tamén do Pito Cairo) e ilustrado por Oscar Villán que ten o Premio Nacional de Ilustración 1999 polo Coelliño Branco (outro éxito!) e que están editados por Kalandraka. Ademáis no corredor temos unha enorme cebra Camila feita polo profe Jose e os seus nenos.
E así, con tanta axuda, Camila remata cun precioso vestido novo. Unha historia encadenada, con preguntas e respostas, rimas e repeticións que aos nenos lles encanta, escrita por Marisa Núñez (profesora de infantil e autora tamén do Pito Cairo) e ilustrado por Oscar Villán que ten o Premio Nacional de Ilustración 1999 polo Coelliño Branco (outro éxito!) e que están editados por Kalandraka. Ademáis no corredor temos unha enorme cebra Camila feita polo profe Jose e os seus nenos.
Yoli tamén nos contou a primeira opción de Irene, a historia de Cocorico, o poliño que por non compartir un biscoito métese en líos co malvado Gato Pelado, que lles fai pasar moito medo, pero co que disfrutan porque se dan conta que mamá está ahí para axudarlles cos seus problemas. Cos dous contos pasamos un rato moi divertido e Yoli interpretounos xenial coa axuda de Irene.
Para rematar tivemos BISCOITO porque o día anterior Irene estivo de cumple e axudoulle a mamá a facelo aínda que viñan moi cansadas dunha viaxe, pero eso é o que fan as mamás!. E, igual que fixo Cocorico, os nenos só deixaron as migas para Gato Pelado!
Cando marchou Yoli, fixemos unhas pulseiras con Cocorico e ao día seguinte unha casa para gardar outro que pintamos e picamos e dibuxamos a súa nai e a gato Pelado...
Moitas gracias Yoli por vir a clase a pasar con nós este ratiño!Premer AQUÍ para ver o kizoa coas fotos |
Gracias a ti por dejarnos compartir este momento con ellos!!!!...........para Irene y para mi fue muy especial.
ResponderEliminar....nos apuntamos para la siguiente.....
....y por cierto, cuidado con las abejas reinas.....por que si es cierto lo que cuenta Irene.....
Gracias a tí por vir! E polo biscoito! Xa viches que só deixaron as migallas!
EliminarO outro non sei como cho contou Irene je je, pero o que vimos foron dous niños "pequenos" de avispa velutina que me dou o apilcultor que as retirou e unha raiña, que xa estaba morta cando eles a viron, pero que era impresionante de grande!. Agora saben que son malas porque comen as abellas da mel que son imprescindibles na polinización do 90% das plantas do planeta. O curso pasado trouxéronnos un anaco de niño retirado en Bertamiráns que era do tamaño dun balón de futbol. Tremendo!