Seguindo co proxecto sobre o Exipto dos faraóns, fixemos dictados escribindo palabras relacionadas e tamén transformamos unha das
columnas da sala de psico nunha columna exipcia, con xeroglíficos e imaxes de
faróns e deuses. Para ver como estaban decoradas e como podían ser as cores, miramos na rede e en algúns libros buscando imaxes de deuses e faraóns.
Tamén fixemos pectorais con forma de escarabello como o do faraón Tutankamón e
xogamos a escribir os nosos nomes con xeroglíficos dentro dos cartuchos igual que facían os exipcios "traducindo" a partir do noso alfabeto. Falamos da Pedra de Rosseta e como se resolveu o misterio para poder interpretalos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!