Coñecemos os papiros sobre os que escribían os exipcios. Vimos que se obtiñan dunha planta que medra nas beiras do rio Nilo que cortaban, pegaban e prensaban hasta conseguir unha especie de "papel". Atopamos unhas plantas que se chaman "falsos papiros" cerca de Castrigo e como non tíñamos tantos para facer o papel, empregamos vendas que cortamos en tiras e pegamos facendo unha imitación. No video que puxen abaixo veredes como fixemos.
Os encargados dos papiros eran os escribas, uns funcionarios moi importantes e considerados porque sabían ler e escribir, coñecían o cálculo, controlaban os impostos, aseguraban os traballos de construcción, transcribían as órdenes dos faraóns e sobre todo eran os responsables da administración.
Neste video están as pirámides e cómo fixemos os nosos "papiros".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!