Con sementes de cesped e alpiste, medias, gomas, ollos móviles e virutas, fixemos unhas cabezas
de herba que regamos e coidamos hasta que se encheron de pelos verdes.
Tivemos as ventanas moi animadas con estos personaxes que iban cambiando cada
día mentras lles medraba a herba. Plantámolos o 5 de abril. Ao principio fixeronse esperar e tardaron en brotar e, menos unha que tardou un pouco máis, todas medraron moi rápido. Tamén tiveron moitos nomes: cabezóns, señor potato, cabezolos, cabezudos, pelados, peludos...
Tamén fixemos unha carta que levaron a casa. Como esta que me enviou Sandra, a nai de Maeba, cos cabezolos dibuxados diante das ventanas da clase:
Un aviso para os que o queiran facer: da mellor resultado a semente do céspede que o alpiste: elle máis doado atravesar a media por ter o brote máis fino. E dura máis. Tampouco precisan moito sol ao principio, porque aínda que nacen antes, pódenselles queimar os brotes como lles pasou ás nosas compañeiras. E canto máis apretada e chea de viruta quede a media moito mellor. Esto foi o que máis lles costou aos nenos, apretar ben forte. Pero así experimentamos diferentes condicións con distintos resultados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!