O venres celebramos o día da Paz construindo un muro solidario con cartóns de leite que trouxeron os nenos e que despois se donaron a Caritas. Nas clases empaquetamos os nosos cartóns con dibuxos e símbolos da paz, algúns incluso escribiron poemas e notas para os que recibisen os seus cartóns. Tamén contamos coa doazón que fixo Feiraco e que se sumou aos donativos feitos polas familias. Grazas a todos desde aquí por axudarnos a levantar un muro solidario.
Ademáis, e o máis importante, traballamos para conseguir que sean solidarios, que coñezan valores coma o respeto, a tolerancia e para que entendan que "A PAZ NON É COUSA DE UN SÓ DÍA" (o noso lema). Vimos varios cortos para traballar os conflictos e as emocións, fixemos pancartas ou carteis alusivos á paz e cantamos xuntos varias cancións: a nós a que máis nos gustou foi de Paco Nogueiras "APERTAS QUE VOAN".
preme no muro solidario para ver as fotos do día |
Tamén podedes ver o video que se fixo durante as actividades e que está na web do cole
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!