Antes de rematar o ano visitáronnos os Reis Magos e estivemos falando e sacando unhas fotos con eles. (Podedes ver máis na páxina de actividades intercentros da Ampa). Tamén fixemos unha cheminea a ver si tíñamos sorte e Papá Noel ou os Reis nos deixaban algo... Debimos ser bastante boiños porque cando voltamos o xoves atopamos emocionados un agasallo para cada un: UN LÁPIS. Cando os Reis os escolleron aínda non sucedera o atentado de París contra os debuxantes da revista satírica Charlie Hebdo...
Visto agora, vai resultar que nos deixaron como agasallo unha ferramenta contra a intolerancia e pola liberdade de expresión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!