Na clase preparamos pompóns de papel para participar na celebración do Día da Paz. Cortamos papel continuo en tiras o máis estreitas posibles. Aínda que ao principio lles parecía dificil recortar un anaco tan grande en tiras "máis ou menos paralelas" e sen marcar, esforzaronse moito para conseguilo. Olivia deixounos fascinados co seu impresionante traballo!. Non parou hasta conseguir as tiras máis finas de toda a clase!
Tamén comprobamos que había distintas sonoridades según o ancho e que canto máis estreitas eran, mellor nos sonaban e mellor movemento tiñan. Finalmente o venres unímonos a todos os compañeiros de infantil na sala de psicomotricidade
bailando cos pompóns acompañados da canción "De festa" de Uxía Lambona e a banda molona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!