Desde fai uns días disfrutamos dun espazo renovado no centro, o que viña
sendo a aula de música e onde tamén se diran os talleres de
grafomotricidade e incluso actividades polas tardes. Reubicouse moito
mobiliario e material obsoleto e colocáronse unhas fantásticas mesas
abatibles que nos fixo o papá de Juan. Todos estos cambios permiten un uso moito máis efectivo desta aula que temos a carón do patio.
O primeiro que notaron eles era que tiña máis color e que había moito máis espazo!. Todo esto permite por unha banda que os nenos poidan moverse moito mellor e sin tropezar cando bailan nas clases de música e por outra empregar o chan na zona de alfombra para pintar ou facer grafo. Disfrutar do espazo e o movemento de xeito máis natural para nenos pequenos. E as mesas abatibles permiten traballar sentados cando é preciso.
Colocouse a estantería dos contos na zona de entrada con gran visibilidade, esto permiteunos que durante o recreo os nenos que así o desexaron entrasen durante os días de choiva nos que o patio estaba moi desapacible. Eso sí, respectando as mismas normas que no Bibliopatio que xa non temos. Disfrutaron cos contos e ademáis era unha zona tranquila na que non había conflictos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!