domingo, 23 de febreiro de 2020

Día de Rosalía... nos escaparates de Bertamiráns


 O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Dende o Equipo de Normalización Lingüística en colaboración co Concello déronnos unha lámina de cartón pluma para escribir un poema e despois levalo a un comercio de Bertamiráns. Todos os centros educativos participamos nesta iniciativa que enche as nosa rúas de poesía. Incluso están nos buses como podedes ver na web do cole.
   Fixen unha escolla de pequenos poemas de Rosalía e leinllos na asamblea. Uns parecíanlles tristes, outros ledos, pero como estamos aprendendo sobre os paxaros, pareceu oportuno escoller este poema de Rosalía que dí: "Canta paxariño canta, de ponliña en ponla, que o sol se levanta" 
   Así que puxéronse a practicar nun papel de proba para dibuxar ben os paxariños. Pero os das probas quedaron tan bonitos que finalmente os pintaron e recortámolos para pegalos nas poliñas da arbore onde outros escribiran as palabras do poema.

    Despois fixemos un sorteo para ver quen sería o noso representante (descartando os que xa lles tocara o curso pasado) e tocoulle levalo a Lía que nos mandou estas fotos diante do cartel no escaparate dun local que seguro todos recoñecedes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!