sábado, 21 de xaneiro de 2012

desTAPAndo ideas!

      PROXECTO TAPA

      Como sabedes, no cole recollemos tapas para axudar a Paula coa  operación que precisa pola  agenesia de sacro coa que naceu e estamos a xuntar  unha morea delas.
      
      Como van a estar aquí ata fin de curso, ás profes de cinco anos ocurreusenos buscarlles "un uso alternativo" mentras non as recollen. A maioría das veces non se precisan materiais caros nin sofisticados para estimular a imaxinación e  desenvolver a creatividade dos nenos.
     
      Temos tapas de case tódalas cores e tamaños, así que pensamos usalas: como un xoguete, para facer dibuxos no chan, como material de construcción, para contar etc... Así que comezamos por clasificalas por cores e, en pequenos grupos, explicamos varias ideas do que podíamos facer, e aquí vemos os primeiros resultados: 


       COMEZAMOS  A   DESTAPAR    IDEAS:
        Fixemos círculos coas tapas e logo pensamos en cousas que coñecemos que teñen esa forma e despois puxémonos a dibuxar: aquí están os que fixemos.

 



      Coas tapas de cores tamén comezamos a facer algúns dibuxos no chan e, como non, estructuras en 3D. Esto foi o que fixo o primeiro grupo, xa vos iremos contando como nos vai...