mércores, 25 de xaneiro de 2012

Os castelos na Maía

            Os nenos de cinco anos seguen a facer castelos e a falar das Torres de Altamira: un dos máis grandes e fermosos castelos de Galicia, construido hai máis de 1000 anos, no século IX, sobre os restos dun castro, que chegou a ter seis torres, e do que aínda agora nos maravilla pasear polas súas ruinas. 
           Todo xurdeu por un xoguete. Por si non o contaron, antes do Nadal, chegounos á clase un xogo de exin castelos, dos de antes, con moitas pezas, que lles encantou e no que xa son auténticos expertos constructores. Xa nos contaron algúns, que despois lle pediron o xogo aos reis Magos!. Ao principio costáballes moito ensamblar paredes estables e colaborar, pero pouco a pouco están aprendendo a compartir as pezas e a facer un castelo grande entre todos os do grupo, en vez de moitos pequenos.
          Para ampliar información, os de cinco, buscamos na Biblioteca de clase libros sobre castelos, como se construían , as partes que tiñan, quen vivía neles etc... E eu conteilles que aquí ao lado temos as Torres de Altamira  en Brión e o castelo da Rocha en Santiago. Estamos a falar da historia dos Condes de Altamira e o Arcebispo de Santiago, das batallas entre ambos polas terras da Maía e, cada día chegan ao correo da clase fotos dos que as van visitar. Por suposto, a parte da Historia que máis lles impacta son as loitas e as guerras e as princesas, e a posibilidade de atopar tesouros esquecidos polo tempo... (algún sei que veu brilar algo no fondo do pozo!).   Así  que, aproveitando a fascinación que lles causa o tema, temos pensado traballalo un pouquiño máis...
           Na Biblioteca do cole temos o enlace a un fantástico traballo realizado por un colexio asturiano que se chama CABALLEROS Y CASTILLOS , ten moita información sobre a vida na idade media e estamos a velo a anacos.   (picade abaixo para velo cos nenos)

Caballeros y castillos

        Hoxe puxéronse a facer algúnhas das edificacións que tiñan dentro os castelos e a MIGUEL saleulle a capela. Este foi o proceso de construcción:

A peli ten truco: a ver si vos decatades!